⚠️ Consideramos que esta organización non cumpre as liñas vermellas do espazo polo seguinte motivo:
A PFRG-AMAG, é unha organización autodenominada “feminista” cunha posición política que se encadra no coñecido como TERF ou “feminismo transexcluínte”. Como tal, é abundantemente explícita a negación directa das identidades e realidades trans, tanto nos seus principios ideolóxicos oficiais como nas súas comunicacións públicas e actividade. Esta negación vai acompañada dun constante ataque e demonización das disidencias de xénero, até facéndoa o centro da súa actividade.