⚠️ Consideramos que esta organización non cumpre as liñas vermellas do espazo polo seguinte motivo:

No 2018 tiveron lugar en Xeira (organización xuvenil da FPG) unha serie de dinámicas de acoso e abusos que explotaron cunha denuncia de abuso sexual ao que fora secretario xeral da organización. Concluímos que estas dinámicas eran de feito sistemáticas e que a reacción da organización ante o sucedido foi a de blindarse, desacreditar ás presuntas víctimas e xustificar e protexer ao presunto agresor, recorrendo ao sinalamento ás denunciantes e incluso á violencia verbal e física.

Xeira mantívose nesa posición até a súa disolución en setembro de 2021: apenas tres meses depois, en decembro dese mesmo ano, nacía o PCRG, integrando á maior parte da base de Xeira. Concluímos que o PCRG é unha continuación case orgánica de Xeira e que, como tal, non constitúe un espazo seguro, incumprindo as liñas vermellas de fios.