Isca! é unha organización xuvenil independentista e socialista que visa organizar a xuventude traballadora de todo o noso país na defensa dos intereses nacionais e de clase na procura dunha ruptura co sistema capitalista e o Estado español. É a organización xuvenil de referencia do actual Movemento Arredista, e no pasado foi-no do Movemento Galego ao Socialismo, e participa tanto en Galiza Nova como no BNG e outros espazos do soberanismo organizado.
Historia
Isca! nace en 2006 a partir dun grupo de militantes nacionalistas de Galiza Nova críticas coa deriva do nacionalismo oficial, conscientes da necesidade de organizar a mocidade en chave revolucionaria para defender un proxecto de cambio social real.
A nosa actividade
Como organización xuvenil estratéxica, o traballo político, articulado a través do Movemento Arredista, céntrase, ademais de na intervención nos espazos amplos do soberanismo, na formación de cadros políticos no marxismo-leninismo para a construción dunha teoría e unha práctica socialista, independentista e transfeminista desde Galiza.
Xornadas
Algunhas das actividades das que se ocupou Isca! monograficamente foron a abordaxe da cuestión LGBT, especialmente a trans, desde o marxismo; o apoderamento da xuventude traballadora a través de xornadas de formación sindicais sobre o mundo do traballo ou encontros sobre internacionalismo.
Contacto
- info@iscagz.org
- O formulário da web: https://iscagz.org/escribenos/