⚠️ O contido desta sección móstrase a modo de exemplo. A introdución e fotografías foron escollidas a partir da información dispoñible, coa intención de que na versión definitiva sexan os propios colectivos os que decidan o contido de cada páxina.
Boicote, Desinvestimentos e Sancións (BDS) é un movemento global dirixido polo pobo palestino pola liberdade, a xustiza e a igualdade. BDS mantén o simple principio de que as persoas palestinas teñen os mesmos dereitos que o resto da humanidade.