⚠️ O contido desta sección móstrase a modo de exemplo. A introdución e fotografías foron escollidas a partir da información dispoñible, coa intención de que na versión definitiva sexan os propios colectivos os que decidan o contido de cada páxina.

Anticapitalistas é unha organización política que actúa no Estado Español e que aspira a construír un movemento revolucionario internacionalista que transforme profundamente a sociedade actual. Fronte á desigualdade e a inxustiza que vertebran o sistema capitalista, defendemos unha democracia ecosocialista e feminista na que o conxunto da sociedade controle os resortes do poder económico, político e cultural.