⚠️ O contido desta sección móstrase a modo de exemplo. A introdución e fotografías foron escollidas a partir da información dispoñible, coa intención de que na versión definitiva sexan os propios colectivos os que decidan o contido de cada páxina.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.